Saturday 20 de April de 2024

Recepción do alcalde a Balonmán Xiria e Gabriel Rodríguez Colferai polos novos recoñecementos acadados


O alcalde, Evencio Ferrero, ofreceu este xoves pola tarde unha recepción oficial a Balonman Xiria e ao deportista Gabriel Rodríguez Colferai.

O club de balonmán vén de ser recoñecido nos Premios Deporte Galego correspondentes ao período 2019-2022, na categoría de xogo limpo, pola utilización de máscara nos partidos e adestramentos do primeiro equipo para frear a expansión da COVID-19, malia non estar obrigados a facelo.

Pola súa banda, o deportista do Sysca Salvamento vén de ser recoñecido como deportista de alto nivel.